EFEverde en Galego

Xurista da UE considera que España incumpre a normativa europea sobre a auga

Bruxelas (EFEverde en Galego).- Un dos avogados xerais do Tribunal de Xustiza da Unión Europea (UE) concluíu hoxe que España incumpre a normativa europea da auga ao aplicar as súas disposicións só ás 12 bacías hidrográficas que discorren por varias comunidades autónomas.

O Estado español, que só lexisla nas bacías intercomunitarias, promulgou certas normas para adaptar o sistema lexislativo nacional ao europeo, mais non actuou en relación ás bacías do interior das comunidades autónomas, que dependen dos gobernos rexionais.
As comunidades, por súa vez, tampouco adoptaron as normas adicionais necesarias para as 13 bacías limitadas ao interior do seu territorio, segundo explica o avogado xeral nas súas conclusións.
As 13 bacías hidrográficas afectadas son: Galicia-Costa, Tinto-Odiel e Pedras, Guadalete e Barbate, Bacías mediterráneas andaluzas, Distrito de Bacía Fluvial de Cataluña, Illas Baleares, Gran Canaria, Tenerife, Fuerteventura, Lanzarote, Gomera, Hierro e A Palma.
A Comisión Europea denunciara que as disposicións que afectan as bacías intracomunitarias foron adoptadas con atraso ou de maneira pouco efectiva, polo que non ficaba asegurada realmente a calidade da auga como pretende a directiva europea.
O xurista comunitario confirma que as disposicións ambientais, de control de verteduras e de seguimento do estado das augas superficiais se trasladaron tarde ás normas das comunidades, agás en Cataluña, e que non garanten unha adaptación efectiva ao Dereito da UE.
Neste contexto, recomenda ao Tribunal de Xustiza da UE, que adoita seguir as súas indicacións na maioría dos casos, que declare que España incumpriu as súas obrigas ao non se adaptar correctamente á normativa comunitaria.
Nese caso, o país estaría obrigado a se axustar canto antes ao estabelecido na sentenza e, se iso non ocorrese, abriría a porta para que Bruxelas puidese pedir sancións económicas. EFEgalicia en Galego
mrn/mvs/lab




Secciones:            
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies