EFEverde en Galego

A Xunta recoñece que “aínda queda moito por facer” en favor da reciclaxe

O conselleiro de Medio Natural, Agustín Hernández, recoñeceu hoxe que en Galicia "aínda queda moito por facer" en materia de reciclaxe na xestión de residuos.

Hernández fixo estas declaracións nun colexio compostelán durante un acto conmemorativo do Día Mundial da Reciclaxe, que se celebra mañá, ao que asistiron tamén o conselleiro de Educación, Xesús Vázquez; o alcalde de Santiago de Compostela, Ángel Currás, e o presidente da planta de tratamento de residuos urbanos Sogama, Luis Lamas.

Galicia figura entre as zonas con menor taxa de reciclaxe de España, país que figura moi por debaixo das porcentaxes doutros estados membros da Unión Europea.

Segundo Eurostat, España reduciu en 65 quilogramos por persoa a xeración de residuos urbanos en 2012 con respecto ao ano anterior, pero só reciclou ou converteu en compost o 27%, 15 puntos por debaixo da media europea.

Os representantes da Xunta acudiron ao colexio compostelán Vite onde presentaron a campaña a favor da reciclaxe “Separemos ben, reciclemos mellor”, en colaboración con Sogama, Ecoembes, SIX Ecopilas, Ecolec e outras entidades.

Hernández considerou “imprescindible” este tipo de iniciativas que acada 37.000 galegos co obxectivo de concienciar sobre a reciclaxe.

Nesta liña, Hernández subliñou que Galicia reduciu de 1,22 quilogramos diarios de lixo por habitante xerado en 2009 a 1,053 quilogramos por habitante o ano pasado. EFEverde




Secciones:            
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies