EFEverde en Galego

Xunta prepárase para abrir canle de desaugue en Valdoviño antes do desbordamento

  • Desde a semana pasada, unha pa escavadora está preparada para acometer a tarefa cando a cota de auga chegar ao nivel máximo, que depende das chuvias e as mareas.

     

Xunta prepárase para abrir canle de desaugue en Valdoviño antes do desbordamento Inundación en 2011 da lagoa da Frouxeira. EFE

EFEverde.- A lagoa de Valdoviño, unha zona húmida protexida con cinco figuras ambientais pola súa importancia natural, está chea despois das chuvias dos últimos días.

Para evitar que se repitan as inundacións dos últimos invernos, especialmente entre decembro do 2011 e xaneiro do 2012, coa auga anegando o paseo marítimo da Frouxeira e a única pista asfaltada para acceder a unha vintena de vivendas, a Xunta xa previu os medios para abrir unha canle sobre a area para evacuar o exceso de volume da lagoa, mais aínda non interveu.

Desde a semana pasada, unha pa escavadora está preparada para acometer a tarefa cando a cota de auga chegar ao nivel máximo, que depende das chuvias e as mareas.

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega) criticou a probable intervención do Goberno, que considera unha “nova e irracional alteración da lagoa da Frouxeira” e prevé que desemboque no seu “baleirado mecánico”, que os ambientalistas definen como “un dos máis raros e fráxiles” do litoral europeo.

A asociación ecoloxista xa advertira da presenza de maquinaria pesada sobre as dunas grises, que son “hábitats prioritarios”.

Para Adega, o paseo litoral “non debeu construírse dese modo”, por debaixo da cota de inundación ordinaria da lagoa e a Xunta desaproveitou a ocasión cun “nefasto e mutilado” Plan de Conservación para preservar este espazo cuxo último borrador, apunta, “exclúe a presenza na Frouxeira de hábitats naturais protexidos e recollidos en diversos documentos técnicos”.

Ante a previsión de novos danos ambientais neste espazo protexido, os ecoloxistas anuncian que apelarán á Fiscalía de Ambiente do TSXG, ao Comité español de zonas húmidas e ao Comité Ramsar, o convenio internacional que ampara este espazo de Valdoviño.

O Plan de Conservación da Frouxeira foi un compromiso do Goberno galego ante o Parlamento a partir da apertura dunha canle artificial sobre a area autorizada pola Xunta a finais do 2009 e pola que practicamente se desecou a lagoa.

O borrador foi publicado no día 23 de novembro do 2013 e, en opinión de Adega, carece de “rigor científico” e presenta “series deficiencias que imposibilitan a conservación con medidas xeneralistas”. EFEverde




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies