Efeverde en Galego

A Xunta lamenta que en Ourense “ardesen ata as pedras”

  • Os lumes decretados en Muíños e Oímbra, que son os de maiores dimensións, unidos a outros novos, arrasaron ata o momento máis de tres mil hectáreas

A Xunta lamenta que en Ourense Fotografía dunha veciña do pobo de Requías (Muiños) onde foi necesario decretar medidas preventivas.

Efeverde.- A conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, visitou hoxe as zonas afectadas polos lumes que se cebaron coa provincia de Ourense e lamentou que "ardesen ata as pedras", unha estampa ante a que caen "as bágoas a calquera".

Os lumes decretados en Muíños e Oímbra, que son os de maiores dimensións, unidos a outros novos, arrasaron ata o momento máis de tres mil hectáreas, practicamente todas de monte raso nas áreas que forman parte da Rede Natura.

A representante da Xunta visitou este mércores Muíños e observou que se queimou “ata o asfalto”, do mesmo xeito que fixo fincapé en que se se salvaron as casas dos pobos próximos foi, en varios casos, tamén en Oímbra, “polos pelos”, todo iso nun día, o de onte, “triste para Galicia, para Ourense e para a nosa sociedade”.

Ás elevadas temperaturas, inusuais en setembro por pasar os corenta graos centígrados, sumóuselle unha combustión “superior aos cincocentos graos por momentos”, no que cualificou como un “atentado ambiental, económico e contra a vida das persoas”, co cal debería caer “todo o peso da lei sobre os incendiarios” que provocaron isto, cun “chisqueiro” ou calquera outro mecanismo.

“Isto non é froito da casualidade”, remarcou Ángeles Vázquez, e indicou que un dos focos empezou a prender detrás dun garaxe, a modo de exemplo.

Se é tan complicada a extinción, abundou, é porque o esforzo humano “fronte ao capricho do vento cambiante” fai que a tarefa sexa “imposible”, pero agora hai un maior control xa e espérase un tempo máis favorecedor.

Desfeitas

“Sen rural non hai Galicia”, subliñou, e recriminou as desfeitas nas plantacións, as colmeas e mesmo para a pesca, posto que está moi preto o encoro de Salas e convén actuar antes de que poida chover, aínda que non haxa previsión de que isto suceda, e as cinzas cheguen ao pantano.

Ángeles Vázquez agradeceu aos veciños o seu esforzo e aconselloulles que non se extralimiten, porque “as vidas humanas non se reconstrúen”.

O alcalde de Muíños, Plácido Álvarez, que a acompañou no percorrido, corroborou a tese da intencionalidade, agradeceu o traballo “incrible” das brigadas, tamén que non houbese “desgrazas persoais” e urxiu a aplicar ese “medicamento preventivo ou adeus, por exemplo, á pesca no encoro de Salas”.

Desencaixado, evidenciou o seu malestar polo ocorrido nunha “zona tan bonita” do parque natural do Xurés, considerado de alto valor ecolóxico. Efeverde




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies