EFEverde en Galego

Xunta alerta dun episodio de temperaturas máximas de nivel laranxa en Galicia

Xunta alerta dun episodio de temperaturas máximas de nivel laranxa en Galicia Fotografía de archivo de un hombre caminando por el paseo marítimo de A Coruña. EFE/Cabalar

A Xunta de Galicia alerta dun episodio de temperaturas máximas de 'nivel laranxa' que dará comezo mañá na provincia de Ourense e se estenderá cara as outras provincias ao longo do venres.

Segundo as predicións da Axencia Estatal de Meteoroloxía, o fenómeno climatolóxico adverso dará comezo mañá a partir das 13:00 horas na zona do Miño, na provincia de Ourense e se estenderá ao suroeste da Coruña; á zona do Miño, interior e Rías Baixas, na provincia de Pontevedra; ao sur de Lugo, e á zona de Valdeorras e montaña ourensá, a partir do venres 3 agosto.

Durante a tarde de mañá poderanse acadar os 41º C na provincia de Ourense e nas outras provincias os valores poderán alcanzar os 38-39º C.

Recomendacións

Para protexerse da calor, Sanidade recomenda beber máis líquido do habitual, sen esperar a ter sede, sobre todo auga e zumes de froita lixeiramente fríos.

Deberase evitar inxerir bebidas quentes, alcohólicas, café, té, e as moi azucradas; igualmente, deberanse comer verduras e froitas en abundancia e evitar as comidas copiosas.

Respecto da vestimenta, convén usar roupa de tecidos naturais, lixeira e folgada, de cores claras, sombreiros, lentes de sol e cremas protectoras solares; o calzado deberá transpirar e ser cómodo e fresco.

No interior dos edificios, aconséllase permanecer en espazos ventilados ou acondicionados e utilizar as habitacións máis frescas da vivenda; durante o día, é recomendable baixar as persianas e pechar as xanelas, abríndoas pola noite para ventilar.

Outra das recomendacións é refrescar o corpo cunha ducha ou cun baño en auga morna e tentar evitar as aglomeracións de persoas en locais sen aire acondicionado.

No exterior dos edificios deberanse evitar, na medida do posible, as actividades nas horas máis calorosas, ademáis de reducir actividade física,  buscar as sombras e, cando se estacione o coche, non se deberá deixar no interior nin a nenos nin a anciáns.

Na praia

Cando se vaia á praia convén tomar o sol de forma progresiva durante os primeiros días, evitando as horas do mediodía e as primeiras da tarde. Ademais, Sanidade aconsella non ficar durmido tomando o sol.

Tamén é aconsellable empregar cremas cun factor de protección superior a quince, aplicándoas trinta minutos antes da exposición e renovando cada dúas horas; no caso dos nenos, será convinte protexelos con gorra e camiseta opaca.




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies