EFEverde en Galego

Xunta e Fundación Philippe Cousteau promoverán os produtos pesqueiros

  • Co obxectivo de “promover os produtos pesqueiros” galegos

Xunta e Fundación Philippe Cousteau promoverán os produtos pesqueiros

A Consellaría de Medio Rural e do Mar da Xunta de Galicia asinou un convenio coa Fundación Philippe Cousteau "Unión dos Océanos" co obxectivo de "promover os produtos pesqueiros" galegos así como "a actuación responsable da actividade "para lograr "unha maior difusión, divulgación e comercialización" e "unha pesca sostible no tempo".

A responsable do departamento autonómico, Rosa Quintana, expresouse así durante a sinatura do protocolo en que estiveron presentes o secretario xeral do Mar, Juan Maneiro, e o presidente de “Unión dos Océanos”, Gabriel Portal.

O protocolo, ao que o Executivo galego non destinará contía económica, establece unha serie de accións específicas que se van desenvolver de maneira conxunta coa fundación como programas de protección e promoción de actividades ou o desenvolvemento de actividades de divulgación e asesoramento mutuo.

Outro ámbito de traballo conxunto, está relacionado coa cooperación en programas e proxectos europeos e internacionais, ademais de colaborar na difusión a través de diarios e plataformas dixitais da Fundación Philippe Cousteau e dos proxectos e actividades que a Xunta leve a cabo no ámbito mariño.

O presidente de “Unión dos Océanos”, Gabriel Portal, agradeceu a colaboración do Goberno galego e asegurou que a fundación achegará todos os seus medios así como a súa experiencia ao desenvolvemento pesqueiro e marítimo en xeral.

O organismo que preside Portal ten entre os seus fins a conservación do medio natural e a diversidade mariña, a cooperación internacional, o desenvolvemento sostible en materia de pesca e acuicultura e o impulso da cultura do mar. EFEverde




Secciones:            
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies