EFEverde en Galego

Xunta e Deputación acordan rehabilitar as pallozas do Piornedo

  • Un importe total cifrado en 260.000 euros

Xunta e Deputación acordan rehabilitar as pallozas do Piornedo

Xunta e Deputación de Lugo acadaron un acordo para rehabilitar os teitos das pallozas do Piornedo, no municipio lucense de Cervantes, de xeito que a institución provincial achegará o 65,5% do financiamento e a Administración autonómica o 34,5% restante.

Ambas as dúas institucións informaron en cadanseu comunicado de que este acordo de colaboración se fará efectivo coa sinatura dun convenio para acometer uns traballos “que impulsarán un recurso turístico de primeira orde na Comunidade galega”.

Tamén coinciden en destacar que este acordo tamén mellorará “a calidade de vida dos veciños” do núcleo de Cervantes, xa que as actuacións previstas, ademais da reparación dos teitos das pallozas, tamén prevén a “acometida de saneamento e iluminación pública”.

Tanto a Administración autonómica como a Deputación de Lugo resaltaron a conveniencia de sumar esforzos para “desenvolver proxectos conxuntos no ámbito das súas competencias que impulsen e melloren o turismo de Galicia”.

Neste caso concreto, a necesidade desa colaboración xurdiu porque as dezasete pallozas existentes no Piornedo levan varios anos sen mantemento e as inclemencias do tempo, especialmente cos sucesivos temporais do último inverno, provocaron unha importante deterioración en todas elas, debido á perda de parte da palla do teito e as consecuentes filtracións de augas a través dos tabiques.

As pallozas do Piornedo contan coa declaración de Ben de Interese Cultural (BIC), desde a década dos noventa. EFEverde




Secciones:            
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies