EFEverde en Galego

A Xunta destina tres millóns ao servizo de incendios en Lugo

A delegada da Xunta de Galicia en Lugo, Raquel Arias, informou hoxe nunha rolda de prensa de que a Consellería do Medio Rural e do Mar destinará unha partida de algo máis de 3 millóns de euros ao servizo contra incendios en sesenta e dous municipios da provincia.

Concretamente, os fondos repartiranse para constituír brigadas forestais, sufragar os gastos de funcionamento dos vehículos motobomba e realizar tratamentos preventivos en pistas, camiños e outras superficies de titularidade municipal.

O persoal, que estará composto en total por unhas catrocentas persoas, sumarase ao dispositivo da Xunta establecido no Plan de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais (Pladiga) 2014, que conta con cerca de setecentos traballadores.

Arias explicou que o obxectivo dos convenios de colaboración, que se asinaron con todos os municipios que o solicitaron, “é o desenvolvemento de accións de prevención e defensa contra incendios forestais”.

Deste xeito, a Xunta pretende “unha maior eficacia na loita contra o lume a través da optimización no uso dos recursos”. EFEverde




Secciones:            
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies