EFEverde en Galego

Xornada hoxe de inestabilidade, cunha retirada do anticiclón para o oeste

Xornada hoxe de inestabilidade, cunha retirada do anticiclón para o oeste

MeteoGalicia predí para hoxe unha xornada de inestabilidade atmosférica, co anticiclón retirándose levemente para o oeste.

Así, os ceos presentarán intervalos nubrados, con chuvascos ocasionais de mañá e máis intensos e xeneralizados á tarde, cando serán localmente tormentosos e acompañados por aparato eléctrico.

As temperaturas mínimas experimentan un ascenso, mentres que as máximas sufrirán descensos entre leves e moderados e os ventos soprarán frouxos, de dirección variable en xeral, do nordeste no terzo norte.

As temperaturas nas principais localidades serán as seguintes:

A Coruña 16° 23°

Ferrol 14° 25°

Lugo 11° 24°

Ourense 12° 27°

Pontevedra 16° 25°

Santiago de Compostela 14° 24°

Vigo 15° 26°

 

Predición marítima:

Costa Cantábrica: Vento variable de mañá e do nordeste á tarde e á noite, forza 2 a 3 de mañá, 3 a 4 á tarde e 3 a 5 á noite. Maraxe de mañá, marusía á tarde e forte marusía á noite. Visibilidade regular de mañá e á tarde e mala á noite. Mar de fondo do noroeste con ondas de 0,5 a 1,5 metros.

Ferrol-Bares: Vento do nordeste, forza 2 a 3 de mañá e 4 a 5 á tarde e á noite. Mar ovellado de mañá e forte marusía á tarde e á noite. Visibilidade boa de mañá e á tarde e regular á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0,5 a 1,5 metros.

Ártabro: Vento do nordeste, forza 2 a 4 de mañá e 4 a 5 á tarde. Mar ovellado de mañá e forte marusía á tarde e á noite. Visibilidade boa de mañá e á tarde e regular á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0,5 a 1,5 metros.

Costa da Morte: Vento do nordeste, forza 2 a 4 de mañá e 4 a 5 á tarde. Mar ovellado de mañá e forte marusía á tarde e á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0,5 a 1,5 metros.

Rías Baixas: Vento do leste de mañá e do noroeste á tarde e á noite, forza 2 a 4 de mañá e á noite e 2 a 3 á tarde. Marusía de mañá e maraxe á tarde e á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0,5 a 1,5 metros. EFEverde




Secciones:            
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies