EFEverde en Galego

O Goberno cre que todo indica que o xefe de máquinas está no pesqueiro

  • Fontes da Pesquera Dacova detallaron á Efe que a orixe do incendio se produciu precisamente na sala de máquinas, onde ficou atrapado o tripulante que continúa desaparecido.

O Goberno cre que todo indica que o xefe de máquinas está no pesqueiro Santiago Villanueva, o delegado do Goberno en Galicia. EFE/Cabalar

EFEverde.- O delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, manifestou hoxe que, segundo as informacións que recibiu, "todo indica" que o xefe de máquinas desaparecido tras un incendio nas costas do Perú quedaría  dentro do buque", unha información esta que está aínda por confirmar.

Durante unha visita realizada a Bande (Ourense), onde se están a executar as obras de mellora do encoro das Conchas, Villanueva detallou á prensa que as autoridades daquel país están á espera de poder acceder ao navío “para determinar se está dentro” este home, Juan Bordas, con residencia en Burela (Lugo).

Trátase o pesqueiro sinistrado, concretou Santiago Villanueva, dun “barco que estaba pescando” e no que “se produciu un incendio na sala de máquinas”.

“Neste momento comunícannos que non se pode acceder ao buque porque estaba incendiado e é perigoso”, proseguiu. O barco non afundiu e permanece á deriva.

O xefe de máquinas do pesqueiro “Guariste I”, con base en Vigo, incendiado a 840 millas ao suroeste de Lima, no océano Pacífico, ten dobre nacionalidade, española e peruana, 57 anos de idade, está casado e é pai.

Entre os trece tripulantes do “Guariste I” figuran tres galegos, dous da comarca do Morrazo (Pontevedra) e un de Ribeira (A Coruña), ademais de catro caboverdianos e seis indonesios.

O delegado do Goberno en Galicia comentou que “están esperando a que se poida acceder ao barco para determinar se está dentro” o desaparecido, aínda que “todo indica que quedou dentro do buque”, remarcou.

“Así que se permita entrar ao buque, entrarase e determinarase en que lugar está e investigaranse as causas do sinistro”, apuntou Villanueva. EFEverde




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies