Efeverde en Galego

A Deputación reparte 300 toneladas de sal para enfrontar posibles xeadas

A Deputación reparte 300 toneladas de sal para enfrontar posibles xeadas Unha familia divírtese coa neve e o xeo en O Cebreiro (Lugo). EFE/Eliseo Trigo

Efeverde.- O responsable do servizo de Vías e Obras da Deputación Provincial de Lugo, Argelio Fernández Queipo, confirmou que a institución repartirá unhas trescentas toneladas de sal entre as zonas que, previsiblemente, veranse máis afectadas polas xeadas durante o temporal de frío cuxa chegada se espera para as próximas horas.

“O servizo de Vías e Obras ten preparado un operativo que empezará a funcionar a partir das cinco da tarde nas oito zonas nas que está dividida a provincia”, precisou Argelio Fernández.

Xeadas

O responsable de Vías e Obras confirmou á prensa que a Deputación de Lugo repartirá unhas 300 toneladas de sal entre as “distintas estradas da provincia”, con especial incidencia en “aquelas zonas nas que, segundo os nosos estudos, son nas que se acumulan as xeadas”.

“Loxicamente, iso poderá garantir que a xente poida circular con toda tranquilidade polas vías provinciais”, engadiu Fernández Queipo, quen tamén apuntou que, “por zona”, estarán de garda “tres máquinas”, ademais de “corenta e oito operarios”.

Ademais, o “servizo de Vías e Obras estará operativo as 24 horas” ata que o tempo mellore.

“Non é previsible que neve. Simplemente, haberá xeadas, pero é necesario que a xente tome as precaucións necesarias”, porque “cando hai inclemencias” meteorolóxicas, “calquera cousa pode suceder”, lembrou. Efeverde




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies