WWF pide aos candidatos unha nova política forestal contra os incendios

Efeverde en Galego

WWF pide aos candidatos unha nova política forestal contra os incendios

WWF pide aos candidatos unha nova política forestal contra os incendios Superficie calcinada en Oímbra (Ourense). EFE/Brais Lorenzo

Efeverde.- A organización World Wildlife Fund (WWF) pediu aos candidatos á Xunta de Galicia, nunha carta aberta, unha nova política forestal contra os incendios forestais.

A organización WWF publicou un escrito no que solicita un cambio na “visión cortoplacista” da política forestal e a loita contra os incendios na Comunidade galega.

Neste escrito, dirixido aos candidatos á Xunta de Galicia nas próximas eleccións, explican que é “necesario revisar as prioridades na loita contra o lume en Galicia”.

“Débese dar a mesma importancia económica” á “prevención” que “á extinción” a través de medidas como os programas de intervención social para reducir o uso do lume como ferramenta de xestión ou o fomento de bosques autóctonos máis resistentes ao lume.

Estas medidas reducirían, segundo WWF, o impacto dos incendios en Galicia, e, por tanto, recuperaríanse “os bosques abandonados para aproveitar o enorme potencial económico do sector forestal en Galicia”. Efeverde




Secciones:        
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com