EFEverde en Galego

Voz Natura lanza a edición do seu vixésimo aniversario

  • Durante estes anos, os equipos participantes conxugaron o tema proposto pola organización do programa con outras actividades ambientais do seu interese.

Voz Natura lanza a edición do seu vixésimo aniversario Cartel da vixésima edición de Voz Natura.

EFEverde.- Ata o próximo 15 de marzo está aberto o prazo de presentación de proxectos ambientais para a próxima edición de Voz Natura, curso 2016-2017.

Os centros educativos de Galicia de todos os niveis -excepto o universitario-, as escolas taller e as asociacións poden presentar as súas propostas a través dun sinxelo formulario aloxado na web do programa (www.voznatura.es) onde tamén están dispoñibles as bases da que será xa a 20.ª edición. Cos proxectos que resulten admitidos arrincará en setembro unha edición moi especial: a do 20 aniversario de Voz Natura.

O programa cumprirá o próximo curso dúas décadas ao servizo dos ecosistemas de Galicia

Actividades ambientais

48x64_VozNatura2016-17_GAL

Cartel da vixésima edición de Voz Natura.

Durante este tempo, foron moitos e variados os campos de actuación.

A loita contra os incendios forestais foi a protagonista das dúas primeiras edicións temáticas (9.ª e 10.ª).

A reciclaxe, o cambio climático, a biodiversidade, a auga, as reforestacións, as enerxías alternativas, os ríos e praias e os hortos ecolóxicos tomaron a vez ata chegar ao curso actual cos ecosistemas autóctonos e a erradicación de especies invasoras no punto de mira.

Durante estes anos, os equipos participantes conxugaron o tema proposto pola organización do programa con outras actividades ambientais do seu interese.

Vixésima edición

Agora, como primeira novidade desta edición especial, serán os propios centros os que decidan libremente o eixo central dos seus proxectos.

Voz Natura quere que sexan os profesores e os seus alumnos os que identifiquen os problemas ambientais que afectan á súa contorna máis próxima e actúen directamente sobre eles.

Unha vez recibidas as propostas, un Comité Científico analizará e valorará os proxectos e no mes de xuño farase pública a lista de centros admitidos e que contarán con financiamento do programa.

Os proxectos aprobados comezarán a executarse co inicio do próximo curso escolar, no mes de setembro.

Voz Natura conta co patrocinio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a Deputación da Coruña, a Fundación Alcoa, a Fundación Ramón Areces e El Corte Inglés. EFEverde

 

 

 

 

 




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies