ANIMAIS PROTECCIÓN

Vinte municipios galegos prohíben usar animais en circos, segundo asociación

  • A asociación Libera e a fundación Franz Weber anunciaron a súa intención de reactivar a campaña iniciada en 2011 en favor de mocións municipais contra o maltrato animal

Vinte municipios galegos prohíben usar animais en circos, segundo asociación Recurso de archivo

Santiago de Compostela  (EFEverde/Galego).- Vinte municipios galegos prohibiron o uso de animais en circos, informou hoxe a asociación Libera que leva a cabo unha campaña nese sentido xunto coa fundación Franz Weber.

Vigo, Lugo, Ourense e outros dezasete municipios en Galicia declaráronse “libres de circos con animais”, o último deles Lalín a pasada semana, sinalan nun comunicado as citadas asociacións de protección animal.

Engaden que unha enquisa sobre hábitos e prácticas culturais elaborada polo Ministerio de Cultura para o período 2010-2011 mostrou que só o 6,2% da poboación galega confesou que asistía a espectáculos de circo, aínda que sen especificar se eran con ou sen animais.

A asociación Libera e a fundación Franz Weber anunciaron hoxe a súa intención de reactivar a campaña iniciada en 2011 en favor de mocións municipais contra o maltrato animal en espectáculos. EFE

xb/jl/am

 




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies