EFEverde en Galego

Vigo acolle a estrea en Galicia do último documental de Naomi Kleim, “Isto cámbiao todo”

  • Aborda obre as consecuencias do cambio climático no noso planeta.

Vigo acolle a estrea en Galicia do último documental de Naomi Kleim, “Isto cámbiao todo” Cartel da proxección do documental “Isto cámbiao todo”.

EFEverde.-  A organización ecoloxista Amigos da Terra, a Campaña Impórtanos e a Universidade de Vigo estrean o último documental escrito por Naomi Kleim, unha activista canadense que saltou á fama polo seu libro "Non logo",  co que se converteu nun personaxe moi influente no movemento antiglobalización.

Isto cámbiao todo

Cartel da proxección en Vigo do documental “Isto cámbiao todo”

Maña mércores a sala Cambón acollerá a estrea en Galicia do documental “Isto cámbiao todo” (This changes everything) que se poderá ver de balde e en VOSE.

O filme aborda obre as consecuencias do cambio climático no noso planeta, a través de varios exemplos en diferentes países nos que a actividade humana está a desestabilizar o clima e o equilibrio natural de forma irreversible, en especial nas últimas décadas.

Sen embargo, ao longo do filme vaise construíndo a idea de aproveitar o cambio climático para transformar o noso sistema económico en algo radicalmente mellor.

Ao final da proxección, activistas que estiveron na COP 21, compartirán a sua experiencia e comentarán como foi a súa participación en París.

Posteriormente darase paso a un debate entre todos os asistentes para comentar os resultados da COP21 e as alternativas que existen na loita contra o cambio climático. EFEverde




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies