EFEverde en Galego

Recoñecemento a unha investigación en Vigo sobre o cultivo de pescada

  • Establece as condicións idóneas para a captura, o acondicionamento e a alimentación do stock de reprodutores.

Recoñecemento a unha investigación en Vigo sobre o cultivo de pescada EFE/J.M.Aragón

EFEverde.- O estudo sobre o cultivo de pescada branca desenvolvido por investigadores do Centro Oceanográfico de Vigo do IEO recibiu o premio Jacumar de investigación en acuicultura, que concede o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Ambiente.

O traballo premiado é unha recompilación da investigación desenvolvida nos últimos anos sobre o cultivo da pescada branca, Merluccius merluccius, e que constitúe “unha achega fundamental” para o desenvolvemento do cultivo desta especie de máximo interese comercial en España, destaca o IEO nun comunicado.

Nunha primeira fase, establece as condicións idóneas para a captura, o acondicionamento e a alimentación do stock de reprodutores de pescada branca, o que permitiu conseguir nas instalacións do IEO de Vigo, por primeira vez en España, a reprodución espontánea da especie.

Ademais, durante os dous últimos anos estableceuse un protocolo alimenticio para levar a cabo o cultivo larval da especie durante os dous primeiros meses de vida e identificáronse os procesos fisiolóxicos que determinan a calidade das larvas producidas.

Os investigadores do IEO en Vigo definiron a importancia do canibalismo na supervivencia a partir do segundo mes de vida e a utilización dos misidáceos (pequenos crustáceos similares aos camaróns) como dieta intermedia entre a artemia (outro crustáceo aínda máis pequeno) e o penso seco.

España é a primeira produtora pesqueira desta especie na Unión Europea e supón unha cuarta parte do consumo total de peixe fresco en España.

Os stocks de pescada branca na área atlántica sufriron un descenso continuado causado pola sobrepesca que os levou a mínimos históricos a finais dos 90 e principios da década de 2000.

Porén, nos últimos dez anos estes stocks comezaron a recuperarse e actualmente encóntranse nunha situación saudable. EFEverde




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies