Vigo acollerá xornadas impacto contaminante lixos mariños

EFEverde en Galego

Vigo acollerá xornadas sobre impacto contaminante de lixos mariños

Vigo acollerá xornadas sobre impacto contaminante de lixos mariños Fotografía de arquivo de lixo no fondo do mar. EFE/ Wolcott Henry

EFEverde.- O centro de visitantes do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Vigo acollerá o 11 e 12 de novembro a reunión do grupo de estudo de lixos mariños da convención do Atlántico Norte (OSPAR), que abordará o impacto ambiental dese tipo de contaminación, informaron hoxe os organizadores.

O Instituto Español de Oceanografía (IEO), conxuntamente co Ministerio de Agricultura e Medio Natural, será o anfitrión nesta primeira reunión do grupo de traballo internacional en territorio español, sinala a Secretaría de Estado de Investigación nun comunicado.

Posteriormente, o 13 e 14 de novembro, reunirase no Centro Oceanográfico de Vigo do IEO o equipo investigador do proxecto Impacta, que pretende analizar os contaminantes emerxentes, incluídos microplásticos.

Investigadores dos centros oceanográficos de Murcia e Vigo, e das universidades de Vigo e A Coruña participan nesta iniciativa.

Estas reunións científicas estarán precedidas o 10 de novembro dunha charla do investigador do Instituto Francés de Investigación para a Explotación do Mar Ifremer, François Galgani, acerca dos lixos mariños en Europa.

Este relatorio organizarase nas instalacións da Universidade de Vigo e será retransmitido en directo pola televisión do Campus do Mar.

Ese mesmo día, inaugurarase a exposición do artista austríaco Wolfgang Trethank sobre arte con lixos mariños titulada “Peixes de plástico” no centro de visitantes do devandito parque nacional. EFEverde




Secciones:        
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com