EFEverde en Galego

A Xunta lanza ” Verdear é a actitude” para fomentar costumes sustentables

A Xunta lanza Fotografía de arquivo do espazo natural de "Fraga de Catasós". EFE/Óscar Curral

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, presentou hoxe en rolda de prensa a campaña " Verdear é a actitude", a través da cal a Xunta trata de fomentar a adopción de costumes sustentables por parte de todos os galegos.

Esta campaña ten como obxectivo consolidar as boas prácticas sustentables en distintos ámbitos sociais para mitigar así a acción do cambio climático.

En concreto, ” Verdear é a actitude” céntrase ao redor de catro eixos temáticos: os eventos sustentables, o comercio, as actividades deportivas e a comunidade educativa.

Cada un destes apartados contará cunha guía de accións recomendadas específica e adaptada, como, por exemplo, a figura dos “eventos sustentables”, que -explicou Matogueira- concederase a aqueles festexos en Galicia que cumpran certos requisitos.

Tamén se fomentarán as boas prácticas ambientais, a correcta xestión de residuos e a redución de ruídos nos eventos deportivos e, a nivel educativo, tratarase de mellorar a educación ambiental dos nenos xa desde pequenos con costumes saudables como o uso de bolsas reutilizables para a comida, así como a mellora das instalacións para reducir o impacto ambiental.

En canto ao comercio, a conselleira adiantou que se realizarán catro auditorías provinciais para diagnosticar o seu actual estado e propoñer, a partir das mesmas, accións e plans para implantar novas medidas máis respectuosas co medio ambiente.

Entre as accións recomendadas pola Xunta áchanse, entre outras, apostar por provedores próximos para reducir a pegada contaminante do transporte; favorecer os accesos a pé ou mediante transporte público ou depositar adecuadamente os residuos. EFEverde




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies