EFEverde en Galego

Avisan sobre un posible verán con problemas de incendios en Galicia

  • Se incrementará a presenza de “patrullas preventivas para previr os incendios”.

Avisan sobre un posible verán con problemas de incendios en Galicia Vista dun incendio forestal no municipio pontevedrés de Moaña, o pasado 21 de marzo 2015. EFE

EFEverde.- O xefe da Policía Autonómica de Galicia, Silverio Blanco, alertou hoxe sobre a preocupación dos incendios forestais neste verán, que se prevé como "problemático".

“Temos todos que nos pór ao choio, espérase un verán moi caloroso”, advertiu Blanco nunha entrevista concedida hoxe á Radio Galega.

Nese sentido, o responsable da Policía Autonómica sinalou que en Galicia non existe constancia de “tramas organizadas” para a queima de montes, mais en todo caso insistiu en que a prevención “máis grande” é que chova, polo que un verán moi seco pode ser un grave problema.

A respecto diso, avanzou que se incrementará a presenza de “patrullas preventivas para previr os incendios”, aínda que resaltou que o seu obxectivo “non é facer máis detencións”, xa que o que desexarían en realidade, e con lóxica, é que non existisen máis incendios.

No referente ao terrorismo, Blanco remarcou que a Policía Autonómica non ten competencias máis alá da protección de “edificios públicos e as persoas que están dentro”.

“Desde ese punto de vista calquera noticia nos interesa, mais non temos unidades, polo que a miña opinión sobre terrorismo vale moi pouquiño”, subliñou. EFEverde




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies