Efeverde en Galego

Existe unha maior velocidade de propagación dos incendios de eucaliptos, segundo un experto

Existe unha maior velocidade de propagación dos incendios de eucaliptos, segundo un experto Serafín González, presidente da Sociedade Galega de Historia Natural e investigador do CSIC. EFE

O presidente da Sociedade Galega de Historia Natural e investigador do CSIC, Serafín González, recalcou hoxe a maior velocidade de propagación dos incendios dos eucaliptos, ata un 50 % superior que os carballos e un 20 % máis que os piñeiros.

Velocidade de propagación

Nunha conferencia que pronunciou na Universidade de Vigo, González detallou que a velocidade de propagación dun incendio nun robledal é de 10 metros por minuto, nun piñeiral, de 12 metros por minuto, e nun eucaliptal, de 15 metros por minuto, a condición de que o monte estea ben coidado e xestionado.

É dicir, que un incendio nun eucaliptal pode xerar focos secundarios a 400 metros de distancia, aínda que se a masa forestal é densa ou ten déficit de mantemento, esa capacidade de propagación pódese elevar ata un quilómetro, e se o vento sopra forte, ata os tres quilómetros.

Incendios de eucaliptos

Serafín González, autor de máis de 60 artigos en revistas científicas sobre incendios forestais, recalcou que cando hai incendios de copa nos eucaliptos os focos multiplícanse a gran velocidade tanto preto como lonxe do inicial, no segundo dos casos polo desprendemento de pavesas incandescentes.

Segundo este experto, as numerosas masas de eucaliptales con carencias de mantemento explican por que os incendios na provincia de Pontevedra son máis perigosos para as persoas que os do resto de Galicia.

Destacou que nos últimos 40 anos, a taxa de mortalidade de persoas falecidas por incendios na provincia de Pontevedra, excluídos os pilotos, que non teñen que ver co risco en terra, é de 13 por cada millón de habitantes, fronte aos 3 por millón do resto de Galicia.

Serafín González rebateu as voces que apuntan a unha sorte de conspiración incendiaria, entre outras razóns porque de haber algunha trama sería “imposible que pasase desapercibida” no mundo rural galego.

Iso si, indicou que en Galicia o 90% dos incendios son causados pola man do home e denunciou unha “terrible falta de vontade política” para superar esta problemática. Efeverde




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies