EFEverde.- A Garda Civil da Gudiña informou da imputación dun veciño do municipio ourensán de Verín por un delito de incendio forestal por “imprudencia grave”, tras cortar unha árbore que se precipitou sobre un poste de media tensión que causou o incendio.
Segundo indicou o Instituto Armado, ao home, con iniciais J.F.P. de 50 anos, impútanlle un delito de incendio forestal por imprudencia grave.
A árbore, ao se precipitar sobre un poste de media tensión, provocou un incendio forestal que afectou seis hectáreas de monte situado na localidade da Gudiña.
As dilixencias por estes feitos foron remitidas ao Xulgado de Instrución un de Verín. EFEverde
Vota por el Día de la Red Natura 2000 para el premio ciudadanía europea
Más Información: