USC traballa na conservación dunha ave que só conta con catro parellas

Lugo(EFEverde en Galego).- A Universidade de Santiago de Compostela (USC), a través do grupo de Biodiversidade Animal, traballará entre os meses de marzo e xullo na protección e recuperación do mazarico real, unha das aves máis ameazadas da península Ibérica, xa que a súa poboación actual se limita a só catro parellas reprodutoras.

Segundo informou a institución académica, o mazarico real foi recoñecida como especie en perigo de extinción nos catálogos galego e español de especies ameazas.

Actualmente, as parellas reprodutoras desta ave localízanse nunha pequena zona da comarca luguesa da Terra Cha, concretamente no municipio de Castro de Rei, aínda que en décadas pasadas tamén aniñou na antiga lagoa da Antela, na comarca de Xinzo de Limia (Ourense).

O proxecto, coordinado polo profesor do Departamento de Zooloxía e Antropoloxía Física da USC Jesús Domínguez, desenvolverase co apoio da Fundación Biodiversidade do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Ambiente (Magrama).

O plan de conservación e recuperación desta especie contempla o deseño e a execución dunha serie de medidas destinadas a reducir a perda de niños e a mortalidade das crías pola acción de depredadores como a raposa.

Alén diso, “os investigadores aplicarán unha técnica de alimentación suplementaria para minimizar a probabilidade de ataques” por parte de “determinadas aves de presa diúrnas” aos “polos” que aínda non poden voar, segundo informou a USC.

O obxectivo final deste plan non é outro, subliñan os seus promotores, que aumentar “a produtividade desta ameazada poboación”.

Neste proxecto, ademais do persoal de investigación do grupo de Biodiversidade Animal, participa a spin-off Alvariza, vinculada a ese mesmo colectivo, así como técnicos, axentes e vixiantes da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia.

Con anterioridade a este proxecto, os mesmos investigadores xa realizaron en 2007, por encomenda da Xunta de Galicia, o plan de recuperación desta especie, e desde entón efectuouse “a monitorización da súa poboación de modo ininterrompido”. EFEverde en Galego

1011162

jrr/jl

 




Secciones:            
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies