EFEverde en Galego

Uns 100.000 galegos padecen osteoporose

Ao redor de 100.000 galegos, a maioría mulleres, padece osteoporose, segundo datos facilitados pola organización do 40º Congreso Nacional da Sociedade Española de Reumatoloxía, que se reúne mañá en Santiago de Compostela.

Trátase dunha doenza “silenciosa”, que non provoca síntomas até que se produce a rotura dun óso, polo que a maioría das persoas que a padecen non o saben.

En Galicia prodúcense, por esta causa, unhas 3.200 fracturas de cadeira ao ano, o que se estima que xera un gasto aproximado de 20 millóns de euros.

Estes datos recóllense no documental “Osteoredes”, un traballo científico coordinado por Eduardo Punset, que se presentará no citado congreso. EFEverde




Secciones:            
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com