EFEverde en Galego

Unións Agrarias (UUAA) sinala á nova responsable da natureza as tarefas pendentes

  • Entre estas, apunta á necesidade de desenvolver plans específicos de xestión da Rede Natura de Galicia.

Unións Agrarias (UUAA) sinala á nova responsable da natureza as tarefas pendentes O cabo de Estaca de Bares. EFE/Cristina Yuste

EFEverde.- Unións Agrarias solicitou unha reunión coa nova directora xeral de Conservación da Natureza, para coñecer as súas liñas de traballo e sinalarlle as materias pendentes neste eido.

Entre estas, apunta á necesidade de desenvolver plans específicos de xestión da Rede Natura de Galicia, tal e como lle comunicou ao Estado a Comisión Europea xa no mes de febreiro.

Naquela comunicación, lembra UUAA, a UE “chamaba seriamente a atención á Xunta de Galicia sobre a insuficiencia e ambigüidade do Plan Director da Rede Natura, aprobado en abril de 2014, o que xera unha total indefensión de agricultores, gandeiros e propietarios forestais e comunidades de montes que desenvolven a súa actividade” neste territorio protexido.

Tamén reclama o desenvolvemento das axudas do FEADER que figuran no borrador do PDR de Galicia 2014-2021 enviado pola Xunta a Bruxelas, “o que leva un ano de atraso na súa aprobación por parte da Unión Europea”.

Outros asuntos son as indemnizacións polos danos do xabaril e avanzar na diminución dos datos e posta en marcha do fondo de corresponsabilidade que figura na Lei de Caza de Galicia, “que cumprirá dous anos de vixencia sen que se desenvolveu regulamentariamente”, así como a xestión do lobo e indemnizacións por dano. EFEverde




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies