EFEverde en Galego

Presentada a plataforma definitiva para o turismo nas Rías Baixas

  • Recolle xa máis de 1.100 puntos de interese na provincia de Pontevedra.

Presentada a plataforma definitiva para o turismo nas Rías Baixas Presentada a plataforma definitiva para o turismo nas Rías Baixas

EFEverde.- A plataforma Destino.gal (dispoñible na web e como aplicación para móbiles) pretende converterse na referencia do turismo nas Rías Baixas para apoiar o fomento do turismo local e facilitar o acceso á máxima cantidade de información sobre a zona que sexa posible.

A día de hoxe a web Destino.gal recolle máis de 1.100 puntos de interese nos diferentes concellos da provincia de Pontevedra.

Entre estes emprazamentos atópanse monumentos arquitectónicos, rutas de sendeirismo, así como oferta hoteleira, gastronómica e de ocio, ficando todo os elementos organizados por concello ou comarca e acompañados de información gráfica.

Esta aplicación conta cunha ampla variedade de ferramentas para facilitar a visita ás Rías Baixas, así como co apoio do servizo de GPS e información sobre os puntos que o usuario vaia visitando, e incorpora información en tres idiomas (galego, castelán e inglés), aínda que a información existente nestes intres está en proceso de tradución completa ás tres linguas.

Destino.gal desenvólvese  co afán de amosar e invitar ao usuario a desfrutar da que consideramos unha das zonas máis fermosas deste recanto do mundo, segundo informou nun comunicado. EFEverde




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies