EFEverde en Galego

Tribunal UE oponse ao rexistro dunha marca da empresa Aguas de Mondariz

O Tribunal Xeral da Unión Europea (UE) mostrouse hoxe contrario ao rexistro da marca "elite by Mondariz" por parte da empresa española "Aguas de Mondariz Fuente del Val", ao considerar que existe "risco de confusión" con outra marca anterior da coñecida axencia de modelos "Elite".

No día 3 de xuño de 2008,Aguas de Mondariz presentou ante a oficina de marcas comunitarias (OAMI) a petición de rexistro da marca “elite by Mondariz”, para auga mineral, o seu embotellamento e comercialización e servizos de comunicación.

A sociedade Elite Licensing Company SA opúxose ao rexistro, ao considerar que existía risco de confusión coa marca “Elite”, que fora rexistrada con anterioridade.

En particular, a empresa argumentou que “Elite” é unha marca notoriamente coñecida en España, Francia, Luxemburgo e Holanda para produtos e servizos relacionados, en particular, coa dirección profesional de modelos e celebridades e cos servizos de espectáculos.

A OAMI desestimou a oposición en xuño de 2012, ao considerar que non existía risco de confusión entre ambas as marcas dado o diferente tipo de produtos e servizos que abarcaban e que o termo “Mondariz” era o elemento dominante da primeira marca.

Elite Licensing Company interpuxo un recurso ante o Tribunal Xeral da UE contra esa decisión.

Na súa sentenza de hoxe, o Tribunal Xeral anula a resolución da OAMI.

Os xuíces europeos opinan que a OAMI cometeu un erro de apreciación ao concluír que existía pouca similitude conceptual entre os signos en conflito.

O Tribunal considera, polo contrario, que os dous signos teñen un grao elevado de parecido conceptual, debido á presenza da palabra “elite”, que ten o mesmo significado en todas as linguas da Unión.

Tamén sinalan que ten que ser tida en conta a estrutura da marca solicitada xa que a presenza da preposición “by” levará o consumidor, se entender o seu significado, a pensar que a marca solicitada consiste en dúas marcas, a marca derivada “elite” e a marca principal “Mondariz”.

Desa maneira, “elite” non será percibida como unha simple denominación, senón antes como unha parte independente, elemento que pode incrementar a similitude entre os signos.

De todo iso o Tribunal Xeral infire que existe un risco de confusión global entre as dúas marcas.

Contra as sentenzas e autos do Tribunal Xeral pódese interpón un recurso de casación ante o Tribunal de Xustiza, limitado ás cuestións de Dereito. EFEverde




Secciones:            
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies