EFEverde en Galego

Tres detidos por roubo de material nunha empresa de lousa de Ortigueira

As Pontes (A Coruña) (EFEverde en Galego).- A Garda Civil detivo tres homes,todos eles veciños de Asturias, como presuntos autores do roubo de material nunha empresa de lousa de Ortigueira da que levaron material por un importe de 80.000 euros, informou hoxe o instituto armado.

Foron apresados por axentes do posto das Pontes cando circulaban co material roubado nunha furgoneta ao seu paso pola vila mineira.

As investigacións permitíronlles comprobar que o que portaban no furgón era parte do material roubado nunha empresa de lousa, onde ademais de roubar causaron, supostamente, varios danos na nave e nas oficinas. Os catro pasarán ao longo da mañá deste xoves 3 a disposición do Xulgado Número Un de Ortigueira, que xa instrúe o caso.

Por outro lado, en Betanzos, os axentes imputaron un mozo de 18 anos o roubo cometido no IES As Mariñas no pasado 23 de marzo. Sinálano como presunto autor do furto de 80 euros da conserxaría do centro e informaron dos feitos o xulgado brigantino. EFEverde en Galego

1010582 lbh/av




Secciones:            
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies