EFEverde en Galego

Tragsa inicia a obra para evitar o reborde do lago da Frouxeira

  • A apertura dunha canle de desaugue entre a lagoa costeira e o mar ten por obxectivo evitar que se repitan as inundacións dos últimos invernos.

Tragsa inicia a obra para evitar o reborde do lago da Frouxeira Operarios de Tragsa iniciaron os traballos para abrir unha canle no areal da Frouxeira. EFE

EFEverde.- Operarios de Tragsa iniciaron este xoves os traballos para abrir unha canle no areal da Frouxeira, no municipio coruñés de Valdoviño, para aliviar o exceso de líquido dunha zona húmida protexida con media ducia de figuras ambientais pola súa importancia natural, que reborda tras as últimas chuvias e que xa ameazaba con inundar o paseo marítimo.

Esta intervención executarase, informou a Efe a Consellaría de Medio Natural, Territorio e Infraestruturas, de acordo co protocolo que se recolle no plan de conservación da zona húmida, que ultima a súa tramitación administrativa.

O DOG publicou onte, mércores 12, a aprobación da memoria ambiental da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

arenal-Frouxeira-efe-verde

Traballos para abrir unha canle no areal da Frouxeira. EFE/Kiko Delgado

A apertura dunha canle de desaugue entre a lagoa costeira e o mar ten por obxectivo evitar que se repitan as inundacións dos últimos invernos, especialmente entre decembro de 2011 e xaneiro de 2012, coa auga anegando o paseo marítimo da Frouxeira e a única pista asfaltada para acceder a unha vintena de vivendas.

Hai unha semana que a Xunta, a través da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, desprazou ao areal da Frouxeira a maquinaria necesaria para acometer a obra da que se ocupa Tragsa, confirmaron desde a Consellaría de Medio Natural.

Desde Adega, a Asociación de Defensa Ecolóxica de Galiza, anticipáronse esta semana e criticaron de antemán a intervención do Goberno galego. Consideran que a obra implica unha “nova e irracional alteración da lagoa da Frouxeira” e prevén que desemboque no “baleirado mecánico da zona húmida”, que os ambientalistas definen como “un dos máis raros e fráxiles” do litoral europeo.

Nunha nota, Adega, advertía esta semana da presenza de maquinaria pesada sobre as dunas grises, “hábitats prioritarios”, apuntaron. Opinan que o paseo marítimo “non debeu construírse dese xeito”, por debaixo da cota de inundación ordinaria da zona húmida, e tachan de “nefasto e mutilado” o plan que se tramita para preservar este espazo.

O Plan de Conservación da Frouxeira foi un compromiso do Goberno galego ante o Parlamento a partir da apertura dunha canle artificial sobre a area autorizada pola Xunta a finais do 2009 e pola que practicamente se desecou a lagoa. EFEverde




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies