EFEVERDE EN GALEGO

“TodoCosmos” achegará a astronomía a todos os galegos

Santiago de Compostela (EFEverde).- O Observatorio Astronómico Ramón María Aller da Universidade de Santiago de Compostela acaba de iniciar un proxecto de divulgación científica "TodoCosmos" coa intención de "achegar o mundo da astronomía" a todos os lugares a través diferentes iniciativas e actividades.

O programa “A astronomía ao alcance de todos. Colaboración universidade, concellos, organismos públicos e empresas” (TodoCosmos) é un proxecto “ambicioso e innovador” que conta co financiamento da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) e no que colaboran os concellos galegos de Ames, Santiago, Lalín, Rianxo, Ribadeo, Teo e Sanxenxo.

O director do Observatorio Astronómico, José Ángel Docobo, anunciou nunha conferencia de prensa en Santiago as diferentes actividades previstas nos diferentes concellos: obradoiros de telescopios e reloxos de sol, xornadas de portas abertas ou escolares, observacións telescópicas, cursos de iniciación e tamén visitas guiadas aos observatorios da USC.

Docobo estivo acompañado na presentación dalgúns por algúns representantes dos concellos que participan.

Todos fixeron fincapé na “grande oportunidade” que se presenta con este tipo de programacións sobre todo para os nenos, xa que lles posibilita unha aprendizaxe a pé de campo con “outro tipo de actividades e experiencias fóra dos libros de texto”, expuxo a concelleira de Educación de Teo, María Álvarez.

A edil compostelá de Educación, María Castelao, declarou que este proxecto ten “un plus” na oferta turística da capital galega.

Esta actividade de divulgación desenvolverase nos próximos meses polas diferentes paraxes turísticas dos concellos que participan, algúns tan atractivos e coñecidos como a praia das Catedrais (Ribadeo) ou o miradoiro da Grela (Teo). EFEverde en galego

pp/am




Secciones:            
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies