EFEverde en Galego

Unha onda de 10,7 metros marca o temporal que obrigou a amarrar frota coruñesa

Unha onda de 10,7 metros marca o temporal que obrigou a amarrar frota coruñesa Fotografía de arquivo dun barco pesqueiro no porto coruñés de Pontedeume. EFE

Toda a costa da provincia da Coruña permaneceu desde a medianoite e ata as tres da tarde de hoxe en alerta laranxa por un temporal costeiro, marcado por ondas que superaron os seis metros e mesmo alcanzaron os 10,7 metros en Punta Langosteira, o que obrigou a amarrar gran parte da frota.

Temporal

Na Mariña lucense e as Rías Baixas o nivel de aviso foi amarelo por ondas de entre catro e seis metros, aínda que a costa de Lugo estivo tamén en alerta laranxa entre as seis e as doce horas de hoxe.

O indicador máis representativo da forte ondada calculada por Portos do Estado estivo en Punta Langosteira, onde se rexistrou unha onda de 10,7 metros de altura significativa; despois, en Bares a máis alta foi de 6,8; en Cabo Vilán houbo ondas de 6,6 metros e en Silleiro de 6.

En consecuencia, a frota pesqueira da Coruña permaneceu hoxe amarrada e non saíu a faenar a causa do temporal no porto da capital e en gran parte da provincia.

Tamén na cidade da Coruña, o Concello mantivo pechadas as seis praias debido á forte ondada, unha medida que afectou aos areais de Riazor, Orzán, Matadoiro, San Amaro, As Lapas e Oza e que, en conxunto, suman máis de dous quilómetros de lonxitude.

Ventos

O temporal tamén chegou á costa coruñesa acompañado por fortes ventos de compoñente norte e forza de 7 a 8, con refachos de 82.3 quilómetros por hora en Carnota, 81.6 en Punta Candieira e 81 en Cariño.

Para mañá non está previsto ningún tipo de aviso pero o venres a costa de Lugo e o norte da provincia da Coruña volverá estar en alerta, neste caso amarela, polo que non haberá risco meteorolóxico para a poboación en xeral e si para algunha actividade concreta.

Cando as autoridades informan deste tipo de avisos, a Dirección Xeral de Emerxencias recomenda adoptar as medidas preventivas necesarias e, se a predición supera o nivel amarelo por temporal, aconsella non aproximarse a diques ou rompientes ou vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e xanelas. EFEverde




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies