EFEverde en Galego

Un temporal de nivel laranxa afectará a partir de mañá ao litoral galego

  • Co fin de garantir a seguridade dos bens e das persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos das provincias afectadas; ás deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros.

Un temporal de nivel laranxa afectará a partir de mañá ao litoral galego Un temporal de nivel laranxa afectará a partir de mañá ao litoral galego

EFEverde.- A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta alerta dun temporal costeiro de nivel laranxa que afectará o litoral da Comunidade galega, a partir da tarde de mañá, sábado.

Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), espéranse ventos do noroeste de forza 8, con mar combinada entre 6 e 8 metros, que dará comezo na tarde de mañá na costa da provincia de Pontevedra, A Coruña e na costa lucense.

Ademais, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, tendo en conta os informes de Aemet, Meteogalicia, Augas de Galicia e a Confederación Hidrográfica, espera novos incrementos dos caudais nos ríos galegos, o que orixinará o enchido das canles e posibles desbordamentos.

En previsión destes feitos, activouse o plan especial de Protección Civil ante o risco de inundacións.

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e das persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos das provincias afectadas; ás deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros.

Lémbrase, así mesmo, á poboación, a importancia de seguir as medidas de protección, como evitar aproximarse a diques ou rompientes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos ou vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e xanelas. EFEverde

 

 




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies