EFEverde.- A ministra de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, Isabel García Tejerina, destacou que a decisión de prórroga adoptada en ENCE é unha resolución administrativa na que “non interfere para nada o Goberno”, que lle permitirá seguir funcionando e mantendo emprego en Pontevedra.
A preguntas dos xornalistas en Madrid, a ministra lembrou que se seguiron todos os trámites administrativos necesarios para a concesión da prórroga.
O obxectivo, dixo, é que “esta empresa, que ten unha actividade moi importante, e comprometidos investimentos moi importantes en Pontevedra, poida seguir funcionando e poida seguir mantendo todo o emprego que xera” alí. EFEverde