EFEverde en Galego

A separación selectiva da materia orgánica reduce as emisións un 65% na xestión de residuos

A separación selectiva da materia orgánica reduce as emisións un 65% na xestión de residuos

EFEverden en Galego.- Amigos da Terra presenta un segundo informe sobre o compostaxe, onde demostra a eficacia deste sistema para combater o cambio climático a nivel estatal [1], “A Compostaxe: receita para reducir a pegada de carbono en España”.

Á súa vez a organización lanza un vídeo para explicar á cidadanía a importancia deste sistema de xestión. [2]

O informe, publicado pola asociación ecoloxista e realizado pola consultora independente Inclam CO2, recolle o estudo comparativo a nivel estatal das emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI) derivadas da simulación dos diferentes sistemas de recolleita de residuos orgánicos e o seu tratamento en compostaxe doméstico e comunitario, planta de compostaxe, bioestabilización, vertedoiro e incineración.

No estudo considérase o transporte do residuo orgánico desde o seu punto de xeración ata a zona de tratamento, así como os consumos enerxéticos de auga e electricidade nas plantas de tratamento. Á hora de elaborar o informe comprobouse a falta de transparencia por parte da administración e as autoridades competentes. Así no estudo non se puideron contabilizar as emisións producidas en vertedoiro e incineradora ao non dispoñer de datos públicos validados e completos de gran parte das instalacións. Pese á insuficiencia destes datos, o informe móstrase claramente favorable á implantación da separación selectiva da fracción orgánica e a compostaxe.

No informe demóstrase que o residuo orgánico separado selectivamente supón un 65% menos de emisións de gases de efecto invernadoiro con respecto ao seu tratamento si non se separa.

O tratamento de 1kilogramo (kg.) de residuo orgánico mediante a compostaxe doméstico e comunitario non contabiliza ningunha emisión. Séguelle o compostaxe en planta que produce unha porcentaxe dun 15,99% de pegada de carbono. A isto hai que engadir que a aplicación do compost xerado nos chans aumenta o contido de materia orgánica nos mesmos fixando carbono, o que contribúe a frear o cambio climático.

Pola contra, o tratamento de 1kg. de residuo orgánico non recolleito selectivamente e tratado en planta de bioestabilización eleva a porcentaxe de contribución á pegada de carbono ata un 31,64%, practicamente o dobre. As porcentaxes no caso do tratamento de incineración e vertedoiro dispáranse  ata alcanzar o 34,39% e 46,15% respectivamente. Débese resaltar que a contribución á pegada de carbono sería ata maior si puidésese dispoñer dos datos dos GEI emitidos por estas instalacións.

“Non ten ningún sentido deixar podrecer materia orgánica dos residuos en vertedoiros ou empregar enerxía para secala e logo queimala en incineradoras, mentres podemos obter un compost de calidade e avanzar  de forma sinxela cara ao residuo cero. Conseguimos unha economía circular e un uso máis eficiente dos nosos recursos”, resalta Diana Osuna, responsable do Área de Recursos Naturais e Residuos de Amigos da Terra-

Amigos da Terra denuncia a escandalosa falta de datos oficiais e públicos en materia de emisións que proveñen da xestión de residuos, a deficiencia  na actualización das estatísticas estatais dos organismos oficiais, así como unha incoherencia  de cifras  en función da fonte de consulta.

A asociación  demanda  maior responsabilidade e compromiso ás  autoridades responsables para que impoñan unha separación selectiva da materia orgánica, a través do 5º contenedor ou o porta a porta, e reforcen o seu apoio a compostaxe doméstico e comunitario. Hai razóns ambientais, económicas e sociais. Hai respaldo social. Hai necesidade. Non hai escusas.

[1] A compostaxe: receita para reducir a pegada de carbono en España ,  http://www.terra.org/spip/IMG/pdf/compostaje_reducir_pegada_carbono_estatal.pdf

[2]  Vídeo Reduce, reutiliza, composta  http://www.youtube.com/watch?v=oQZE0_EqsRU&feature=youtu.be

 




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies