EFEverde en Galego

USC e Ferrovial colaboran no Plan de Sensibilización Ambiental de Santiago

  • A materialización deste plan de sensibilización parte da experiencia acumulada no terreo da investigación e o desenvolvemento a través da posta en marcha de numerosos proxectos sobre caracterización ambiental de diferentes territorios ou a proposta de modelos de xestión que compatibilicen o mantemento dos valores de conservación e os aproveitamentos racionais e sostibles dos recursos.

USC e Ferrovial colaboran no Plan de Sensibilización Ambiental de Santiago EFE

EFEverde.- A Universidade de Santiago de Compostela (USC) e Ferrovial colaborarán no desenvolvemento do Plan de Sensibilización Ambiental das áreas verdes da capital galega, a través dun convenio que prevé distintas accións e actividades de I+D+i.

O reitor da USC, Juan Viaño, e o director xeral do Ferrovial Servicios España, Ignacio Gastón Najarro, asinaron hoxe o contrato que regula esta cooperación, cuxa vixencia se estenderá ata o mes de maio de 2018.

Neste sentido, o reitor compostelán afirmou que “a investigación vai permitir definir unha nova relación” entre a cidadanía compostelá e os espazos verdes da cidade, baseada no aumento do coñecemento sobre a natureza, así como sobre a conservación do medio.

Para Ignacio Gastón este é un proxecto innovador, en que a implicación das ferramentas asociadas á I+D+i achegan unha referencia importante para o desenvolvemento económico e social de Santiago.

O obxectivo desta iniciativa é dar a coñecer os valores vinculados cos espazos verdes públicos da cidade, atendendo as demandas tanto de residentes como de visitantes que acoden pola propia condición de Compostela como Patrimonio da Humanidade, como por ser destino dunha das principais rutas de peregrinación do mundo.

A institución académica prestará un servizo de asistencia técnica a través do Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (Ibader) para desenvolver un programa de actividades agrupadas no Plan de Sensibilización Ambiental, incluído no servizo de mantemento, conservación e mellora dos espazos verdes e arboredo urbano de Compostela que a empresa de servizos ten adxudicado.

A universidade proporcionará así tanto os medios humanos como materiais necesarios para desenvolver as tarefas asociadas ao Plan de Sensibilización, baixo a coordinación do profesor Pablo Ramil Rego e da profesora Elvira López Mosquera. EFEverde




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies