EFEverde en Galego

Sarria volverá saír á rúa en oposición á condución do río

A Plataforma Sarriana polo Río, o colectivo que agrupa as persoas que se opón á execución da condución do río Sarria ao seu paso por esta localidade, como está concibido neste momento, convocou unha nova manifestación polas rúas da cidade que terá lugar neste sábado.

Nunhas declaracións á EFE, un dos portavoces da plataforma, Roberto Irimia, sostén que o rexeitamento á execución dese proxecto continúa “moi vivo”, polo menos por unha parte da cidadanía de Sarria, polo que espera unha participación importante na manifestación do sábado, que será a segunda que percorrerá as rúas da localidade.

Irimia precisou que os veciños que se sumaron á plataforma realizaron desde o pasado mes de febreiro numerosas “concentracións” e “cazaroladas” para mostrar a súa desconformidade co proxecto, mais está “será a segunda manifestación” con permisos “para cortar o tránsito” e percorrer as rúas de Sarria.

A protesta partirá ás seis e media da tarde da zona do Dique, onde se están a desenvolver as obras de condución, e percorrerá as principais arterias do centro urbano, para acabar no punto de inicio.

Irimia reiterou as súas denuncias sobre a existencia de “presións” para pór fin ás protestas e criticou que se estea a utilizar “o medo” para frear oposición da xente que xa se manifestou abertamente en contra do proxecto de condución. EFEverde




Secciones:            
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies