EFEverde en Galego

Nos cen primeiros días de 2018, recolléronse en Santiago de Compostela un total de 910 litros por metro cadrado

Nos cen primeiros días de 2018, recolléronse en Santiago de Compostela un total de 910 litros por metro cadrado Fotografía de arquivo. EFE

Desde o pasado mes de novembro, en Santiago de Compostela caeron máis de 1.200 litros por metro cadrado de choiva, dos que 910 corresponderon aos cen primeiros días do presente ano, unha cifra que, sen marcar récords, sitúa o presente 2018 nos primeiros postos da relación de anos máis chuviosos desde 1983.

Así o indican os datos recompilados e divulgados hoxe polo director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller, José Ángel Docobo, da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

A lista de anos de maior volume de precipitacións nos seus primeiros cen días está encabezada de forma destacada polos 1.413 litros por metro cadrado do ano 2001, rexistrados en 72 días distintos.

A este ano, séguelle 2014 con 1.098 litros/ m2 ao longo de 79 días con precipitacións e por 2016, cando se recolleron 1.048 litros en 68 xornadas.

Séguenlle os anos 2013 (1.003 litros en 80 días), 1985 (924 litros en 64 xornadas) e o actual de 2018 (910 litros en 79 días).

Ademais dos datos dos cen primeiros días de cada ano, o director do Observatorio Astronómico da USC destaca que no caso de 2001, o comezo de ano veu precedido dun mes de decembro con “moitísima precipitación”, xa que se recollesen 782 litros/ m2.

Aínda que con menores cantidades, a mesma situación viviuse no mes de decembro previo aos anos 2013, 2014 e 2018.

Á marxe de cantidade de choiva ou o número de xornadas con precipitacións, en opinión de José Ángel Docobo “este ano a sensación de longo inverno estivo acrecentada polas baixas temperaturas que, neste primeiro centenar de días non superaron os 16,4° C do 9 de marzo, cando a media das temperaturas máximas dese mes en Compostela sitúanse en 22° C”.

No outro extremo, o dos anos con menor volume de precipitacións, e tamén segundo os datos do Observatorio Astronómico Ramón María Aller, á fronte da lista figura 2012, cando se recolleron 111 litros/ m2 en 34 xornadas, seguido de 2000 (231 litros/ m2) e 1993 (264 (litros/ m2). EFEverde




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies