EFEverde en Galego

Ríos desbordados, rúas alagadas e corrementos de terra en Galicia

  • Nas últimas horas alagáronse rúas e estradas en Vigo, Pontevedra e O Porriño.

Ríos desbordados, rúas alagadas e corrementos de terra en Galicia Ríos desbordados, rúas alagadas e corrementos de terra en Galicia

EFEverde.- As intensas choivas caídas ao longo da xornada deixaron un reguero de incidencias en Galicia, a maioría na provincia de Pontevedra, onde houbo desbordamento de ríos, rúas alagadas e corrementos de terra e pedras, informaron fontes do 112.

Nas últimas horas alagáronse rúas e estradas en Vigo, Pontevedra e O Porriño.

En Poio caeu un muro de contención sobre dúas vivendas unifamiliares situadas na rúa Illa de Tambo, na zona de Caeira. Unha muller recibiu asistencia sanitaria por unha crise nerviosa.

En Ponteareas, a crecida do río alagou completamente un restaurante de Moreiras, cuxo propietario tivo que resgardarse na planta alta do inmoble.

As inundacións e a formación de bolsas de auga en rúas e estradas, así como a entrada de auga en baixos e vivendas supuxeron o 48 % do total das incidencias en Pontevedra (45) causadas polo temporal, seguidas dos desprendementos de terra.

No resto de provincias, na Coruña contabilizáronse dez incidencias, en Ourense, cinco, e en Lugo, tres. EFEverde

 

 




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies