RÍO o PP esixe información sobre causas e investigación da vertedura ao Lagares

Vigo, 3 abr. (EFEverde en Galego).- O grupo do PP no Concello de Vigo esixe información sobre as causas e sobre a investigación aberta pola última vertedura ao río Lagares, que produciu unha mortaldade masiva da fauna entre o regato Barxa, onde se sospeita que tivo a orixe, até a desembocadura, na praia de Samil.

O concelleiro popular Marcos Araújo denunciou hoxe nunha rolda de prensa que doce días despois da vertedura nada transcendeu da investigación da unidade de Medio Natural da Policía Local de Vigo, en que tamén intervén Augas de Galicia.

Araújo tachou de “auténtica catástrofe ambiental” a que foi “unha das verteduras máis importantes dos últimos anos” no Lagares, da que,

dixo, se descoñecen as consecuencias e as repercusións “xa non só no ecosistema, senón tamén na saúde dos cidadáns”.

Indicou que o Concello “xestionou ben” a situación nas primeiras horas desde que se detectou a vertedura, mais, a partir de aí, “non houbo novas explicacións”.

O concelleiro popular circunscribiu a última vertedura ao Lagares a un contexto de “abandono” e “despreocupación” do Goberno local de Vigo sobre asuntos ambientais, pois “non se cumpre ningunha das directrices da Axenda 21”. EFE.

jmr/jl




Secciones:            
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies