A queima de restos agrícolas e forestais estará prohibida a partir de mañá en Galicia para reducir o risco de incendios, anunciou hoxe a Xunta.
Con esta medida, que entrará en vigor a próxima medianoite, suspéndense tamén os permisos concedidos, xa que as comunicacións e autorizacións de queima carecen de validez ante a prohibición.
Esta decisión foi adoptada despois avaliar as actuais condicións meteorolóxicas e as previsións, así como o índice de risco diario de incendio forestal, indica o Goberno galego nunha nota informativa.
No mesmo texto sinala que a Administración tivo tamén en conta a normativa pola que se regulan as medidas relativas á prevención de incendios, así como a protección dos asentamentos no medio rural e a regulación de aproveitamentos e repoboacións forestais.
Así mesmo, a Consellería do Medio Rural pide a colaboración da cidadanía para que extreme as precaucións e denuncie calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña coñecemento e indica que habilitou o número de teléfono 085 para formular denuncias sobre detección de lumes. Efeverde