Efeverde en Galego

Unha investigación demostra resistencia de carballos ante o cambio climático

  • A tese de doutoramento está centrada nos efectos do clima no crecemento dos carballos e o uso das reservas de carbono

Unha investigación demostra resistencia de carballos ante o cambio climático Fotografía dun atardecer visto tras as ramas dun carballo. EFE

Efeverde.- Unha investigación realizada polo enxeñeiro vigués Gonzalo Pérez de Lis, no marco da súa tese de doctoramiento no Campus Terra da USC, en Lugo, destaca a resistencia que presenta unha especie autóctona como o carballo fronte a "feitos climáticos extremos" e, por conseguinte, ante os efectos do cambio climático.

A tese de doutoramento, foi dirixida polos profesores Ignacio García González (USC) e Vicente Fernando Rozas (Universidade de Valladolid), e está centrada nos efectos do clima no crecemento dos carballos e o uso das reservas de carbono.

A investigación, que acaba de ser presentada polo propio Gonzalo Pérez de Lis Castro na Casa do Saber de Lugo, destaca que os carballos “posúen un sistema vascular moi especial, constituído por condutos de tamaño moi diverso na madeira”, o que “lles permite contar cunha gran resistencia fronte aos eventos climáticos extremos” e, por tanto, “ante os efectos do cambio climático en Galicia”.

A monitoraxe do crecemento dos carballos completouse co estudo das variacións do contido das reservas de carbono na madeira e a súa posible influencia sobre a formación do sistema vascular da árbore.

O traballo de Peréz de Lis apunta a que unha “utilización conservadora das reservas en condicións de maior seca” permitiríalle a estas especies “contar cunha protección adicional do seu sistema vascular”. Efeverde




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies