EFEverde en Galego

Feijóo destaca récord do turismo estranxeiro en Galicia, con máis dun 20%

  • Por primeira vez superouse o millón de turistas estranxeiros.

Feijóo destaca récord do turismo estranxeiro en Galicia, con máis dun 20% Alberto Núñez Feijóo, durante a súa intervención no posto de Galicia na inauguración de Fitur. EFE

EFEverde.- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asegurou hoxe que a súa comunidade é a que máis medrou en turismo estranxeiro, con máis dun 20 por cento, e comprometeuse a conseguir pechar o Plan Integral de Turismo 2014-2016 con cinco millóns de turistas.

Na inauguración de Fitur 2015, Núñez Feijóo subliñou que “máis do 20 por cento das persoas que chegan a Galicia, case o 27 por cento, son persoas doutros confíns de Europa e do mundo” e foi a “comunidade que máis medrou en turismo internacional, máis dun 20 por cento”.

Neste sentido, asegurou que “por primeira vez superouse o millón de turistas estranxeiros na comunidade”, mentres que o conxunto de viaxeiros e o seu incremento no ano 2014 superou o 7 por cento.

Polo tanto, destacou, Galicia bateu marcas na Comunidade autónoma, ao superar os catro millóns de persoas, logrando converterse “sen ningunha dúbida, nun dos destinos máis de moda de España”.

Cinco millóns de visitantes

Tras apuntar que o reto é lograr chegar aos cinco millóns de visitantes cando termine 2016, subliñou que a resposta a estes bos datos encóntrase na aposta de Galicia “pola calidade”.

Na súa intervención no expositor que ten Galicia en Fitur, Núñez Feijóo agradeceulles ao presidente do Goberno, Mariano Rajoy, e ao ministro de Facenda e Administracións Públicas, Cristóbal Montoro, (de quen dixo con ironía que “non é fácil agradecerlle cousas, pero neste caso procede”), o compromiso que adquiriron para a restauración integral da catedral de Santiago de Compostela.

Feijóo, que tamén dirixiu o seu agradecemento á secretaria de Estado de Orzamentos, Marta Fernández Currás, que se encontraba xunto a el, apuntou a necesidade de manter a catedral nas “mellores condicións dos últimos cen anos no próximo Xacobeo de 2021”, e mostrouse convencido de que as obras acabarán antes dese ano.

 Camiño Xacobeo

O presidente galego asegurou que o Camiño Xacobeo é oprimeiro itinerario cultural de Europa e é o primeiro vestixio da UE e da globalización”, como o demostra a chegada de peregrinos de 140 países á praza do Obradoiro, “lugar en que naceu Europa sen darse conta”.

Por iso, dixo, “a mellor maneira de preparar o Xacobeo de 2021 é intentar que todos os anos haxa un Xacobeo”.

Avanzou que se vai adaptar o itinerario Xacobeo ás novas afluencias de turistas, revitalizando as rutas, favorecendo a protección e conservación do percorrido, así como a súa difusión a través do sistema educativo e das novas tecnoloxías.

Feijóo destacou a necesidade de coidar os peregrinos e para iso lembrou que están construíndo o Centro Internacional de Acollida de Peregrinos do Mundo, que estará listo para este ano 2015.

Turismo de balnearios e gastronómico

Ademais do Camiño de Santiago, Feijóo tamén se referiu ao turismo de balnearios, que “é o turismo do futuro”, e precisou que “un balneario non é un spa” porque “as augas termais nin se compran nin se venden, ou se teñen ou non se teñen”.

Galicia tenas, resaltou, xa que esta comunidade é “o segundo lugar de Europa con máis termalismo” e “Ourense é unha das provincias máis importantes da UE con augas termais”.

En referencia ao turismo gastronómico, destacou que as 12 estrelas Michelin e os 37 soles Repsol dos restaurantes galegos acreditan que son unha “potencia” neste sector e, ao seu xuízo, cada vez serano máis.

O presidente galego tamén eloxiou as praias de Galicia, que contan co maior número de bandeiras azuis de España, así como os seus parques naturais e as súas cinco reservas da biosfera.

“Ninguén volve ser o que era despois de visitar Galicia”, puntualizou o presidente galego, que mostrou a súa satisfacción porque este será o ano en que se poida chegar ao conxunto do territorio español antes en tren que en coche.

Porén, lembrou que haberá que esperar a 2018, coa chegada da alta velocidade, para que se chegue desde calquera cidade galega a Madrid en menos de tres horas.

Feijóo quixo facer alusión tamén a un “gran destino” como é Portugal e ao que hai que acceder pola súa comunidade porque, precisou, Galicia é esa “rótula” entre todo o norte de Europa, España e Portugal. EFEverde




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies