EFEverde en Galego

Denuncian recheo dunha canteira, que supón un risco para os veciños

  • O motivo desta petición provén dun informe da Universidade de Vigo.

Denuncian recheo dunha canteira, que supón un risco para os veciños Fotografía de arquivo dunha canteira en Galicia. EFE

EFEverde.- As actividades de recheo levadas a cabo na canteira das Pereiriñas, Salceda de Caselas, supoñen un risco sanitario para os veciños da zona debido a unha posible contaminación dos acuíferos e traídas que utilizan para o seu abastecemento.

A asociación ecoloxista Verdegaia pediu á Consellería de Medio Ambiente que se investigue o proxecto levado a cabo na canteira e que se impoñan medidas sancionadoras á empresa responsable.

O motivo desta petición provén dun informe da Universidade de Vigo en que se recolle que existen residuos tóxicos na zona que deben ser inmediatamente retirados, xa que, superan amplamente os niveis permitidos por diversas lexislacións ambientais.

Os referidos residuos son en gran medida metais pesados que se poden converter nun problema grave de contaminación para A Serra e as poboacións do concello de Salceda. EFEverde




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com