Efeverde en Galego

Ao redor de 7.000 raios sacudiron Galicia entre onte e esta madrugada

  • Un total de 1.586 raios caeron sobre a provincia de Pontevedra

Ao redor de 7.000 raios sacudiron Galicia entre onte e esta madrugada Algúns dos 6.359 raios que sacudiron Galicia entre onte e esta madrugada. EFE/Sxenick

Efeverde.-  Uns 7.000 raios sacudiron Galicia entre onte e esta madrugada, informou hoxe o instituto Meteogalicia.

Unha experta en datos do citado centro de control meteorolóxico, Ángeles Lago, indicou nunha conversación telefónica con Efe que “onte foi o terceiro día que máis raios houbo” sobre Galicia desde que leva a cabo ese tipo de medición, en xaneiro de 2010.

Un total de 6.359 raios caeron sobre Galicia na xornada de onte, dos cales 1.586 na provincia de Pontevedra, precisou a experta.

Medición

Meteogalicia leva a cabo unha medición dos raios que caen das nubes a terra, cunha fiabilidade de aproximadamente o 90 %, segundo Lago, aínda que non os que se producen entre nubes, xa que a precisión é de tan só 5 %, porque emiten en “unha frecuencia moi alta”, sinalou.

A actividade proseguiu esta madrugada, cun total de 728 raios sobre Galicia, principalmente entre a medianoite e as 02:00 horas desta madrugada.

O día de maior actividade de raios en Galicia foi rexistrada a noite do 23 de xuño de 2014 cun total de 9.397 raios que caeron en territorio galego, seguida do 8 de xullo de 2010 cun total de 7.113 raios. Efeverde




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies