EFEverde en Galego

PSdeG reclama a “aprobación inmediata” dun plan de xestión para Rede Natura

O deputado autonómico Juan Carlos González Santín, secretario provincial dos socialistas lucenses, e a secretaria de medio natural do PSdeG, Fe Álvarez, exhortaron hoxe á Xunta a aprobar de forma "inmediata" un plan para xestión da Rede Natura en que participen os propietarios de terreos afectados.

Os representantes socialistas, acompañados polo senador Ricardo Varela, acudiron a unha reunión con gandeiros e produtores da bisbarra da Montaña, no municipio das Nogais.

Alí, subliñaron que o Goberno galego non foi “capaz de iniciar o proceso”, mentres que outras rexións españolas xa dispoñen desa ferramenta.

Segundo o seu criterio, “é o único xeito de paliar as elevadas perdas” para o sector produtor a protección ambiental que comporta a Rede Natura.

Apuntaron a título de exemplo que hai plans de xestión noutras comunidades autónomas como Cataluña ou en Francia, onde “está aceptada socialmente e os modelos de funcionamento son voluntarios e avalados por contratos de compensación do que cada propietario achega”.

Nese sentido, consideraron que Galicia é unha “das rexións máis atrasadas” na implantación dese tipo de plans. EFEverde




Secciones:            
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies