EFEverde en Galego

O porto exterior da Coruña probará prototipos sobre a enerxía das ondas

  • O proxecto será desenvolvido na zona exterior de Punta Langosteira nunha área de tres quilómetros cadrados para probar varios prototipos que existen para aproveitar a enerxía das ondas.

O porto exterior da Coruña probará prototipos sobre a enerxía das ondas EFE/Cabalar

EFEverde.-  O porto exterior de Punta Langosteira na Coruña desenvolverá proximamente un proxecto experimental para probar diferentes prototipos que usarán a enerxía das ondas do mar para producir electricidade.

O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, avanzou nesta mañá, con motivo da súa participación no Primeiro Congreso Internacional de Baterías Metal-Aire, MABIC’15, que decorre na Coruña, que este proxecto é complementario ao prototipo flotante impulsado en Vigo capaz de xerar enerxía a partir das correntes das mareas.

Sobre este último, dixo que augura un “futuro moi prometedor en enerxías renovables e o desenvolvemento do sector eólico”, ámbito no que “Galicia está na vangarda”.

Se finalmente este prototipo pode chegar ao mercado da construción, xunto cos seus diferentes equipamentos, podería ser unha “oportunidade” tamén para o sector naval, remarcou Conde.

Proxecto experimental

En relación ao proxecto experimental no porto exterior da Coruña, impulsado polo Instituto Enerxético de Galicia (Inega), o conselleiro lembrou a aposta da Xunta por estas iniciativas que “permiten que Galicia sexa referente en enerxías renovables”.

O proxecto, denominado Energy Mare e no que colabora a Autoridade Portuaria da Coruña, será desenvolvido na zona exterior de Punta Langosteira nunha área de tres quilómetros cadrados para probar varios prototipos que existen para aproveitar a enerxía das ondas.

Proximamente, promoverase que as empresas que teñan prototipos ou dispositivos para tentar aproveitar a enerxía do mar poidan probalos nesta zona experimental, escollida polo Inega entre varias localizacións da costa galega como a “máis idónea” para realizar as referidas probas, explican á EFE fontes do proxecto.

A razón é que o porto exterior conta con boias desde hai máis de dez anos, cando se iniciou a súa construción, con cuxa información foi elaborado un catálogo e rexistro histórico de datos de ondada e incidencias por causa desta que se poden aproveitar para este proxecto.

Ademais, na zona está o polígono de Sabón, onde hai industria na que probar se realmente a enerxía das ondas se pode converter en enerxía eléctrica, o que facilitaría esta tarefa. EFEverde




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies