EFEverde en Galego

Protección Civil avisa dun novo temporal marítimo o martes en Galicia

El temporal que ha azotado la costa gallega en los últimos días ha dejado en la localidad coruñesa de Fisterra un curioso recordatorio, pues la arena que se llevó el mar ha descubierto un barco de vapor que se había hundido en 1927 en una de sus playas. EFE/Elizabeth López

Madrid, (EFEverde en Galego).- Un novo episodio de temporal marítimo afectará ás costas da Coruña, Lugo, Asturias, Cantabria e o País Vasco, e o mércores 26 estenderase tamén ás costas de Granada e Almería, avisou hoxe a Dirección Xeral de Protección Civil e Emerxencias do Ministerio do Interior.

 

Ese departamento advirte de risco por temporal marítimo, neve e vento en diferentes puntos da península, As Canarias e as Baleares durante o martes e o mércores.

De acordo coas predicións da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o martes o temporal marítimo afectará ás costas de Galicia, Asturias, Cantabria e o País Vasco, e o mércores 26 estenderase tamén ás costas de Granada e Almería, en Andalucía.

O temporal levará neve nas cadeas montañosas na metade norte peninsular, con maior intensidade no cordal Cantábrico, onde poderá acadar ata 20 centímetros de grosor, e o martes haberá ventos fortes nalgunhas zonas da metade norte e leste peninsular, así como nas Canarias e nas illas Baleares.

Na cadea prelitoral de Tarragona serán de maior importancia, con refachos que poderán acadar os 90 quilómetros por hora.

A partir do mércores a situación previsiblemente irá mellorando.

Protección Civil recoméndalles aos cidadáns estar informados e prestar especial atención ás normas preventivas da súa comunidade autónoma, que poderá tomar medidas puntuais segundo a situación meteorolóxica.EFEverde en Galego

jld-ppm/agc/xb




Secciones:            
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com