EFEverde en Galego

As probas de sistema identifica quenllas pola aleta empezarán en outubro

  • Para a organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO).

As probas de sistema identifica quenllas pola aleta empezarán en outubro Fotografía de arquivo. EFEverde

Varias universidades e institucións de investigación de diversos países comezarán no outubro próximo a probar o software vigués ISharkFin, que identifica 16 tipos de quenllas e mantas raia polas aletas e detecta a pesca de especies ilegais, segundo informou a Universidade de Vigo.

Trátase dun proxecto do departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal da Universidade de Vigo para a organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO), en colaboración coa Convención sobre o comercio internacional de especies ameazadas da fauna silvestre e a flora.

O profesor Cástor Guisande, director da investigación, explica que esta ferramenta permite coñecer as especies de escualos que diferentes frotas pesqueiras capturan en diferentes partes do mundo e, a un tempo, frear o declive de determinadas poboacións e controlar as súas capturas.

En España, é obrigatorio descargar en porto as quenllas enteiras, para ter plena seguridade de que especie se captura, aínda que noutros países se fai xa cos exemplares despezados.

Por tal motivo, a FAO encargoulle ao equipo investigador vigués o desenvolvemento dun programa de identificación a través das aletas.

Unha vez que finalice o período de probas comezará a distribución do software en versión aberta, ao alcance de calquera inspector de porto, axente de aduana, confraría ou comerciante.

O obxectivo é recibir en xullo de 2015 a certificación oficial da FAO, de xeito que o software ISharkFin sexa de uso recomendado, aínda que non obrigatorio.

Trátase dun sistema baseado en técnicas de aprendizaxe automática para identificar as aletas pola súa morfoloxía.

O usuario toma unha foto da aleta e selecciona algunhas das súas características para poder saber automaticamente de que especie se trata.

O tempo estimado do proceso é inferior aos cinco minutos.

Hai un ano, expertos da FAO visitaron Vigo para avaliar o novo programa e darlle o seu visto e prace á continuidade do proxecto. EFEverde




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies