Efeverde en Galego

Investigan aos presuntos autores de dous incendios en Galicia

  • A Policía Autonómica explica, a través dun comunicado, que no que vai de ano hai 47 persoas investigadas como presuntas autoras de incendios forestais

Investigan aos presuntos autores de dous incendios en Galicia Dous brigadistas durante os labores de extinción do incendio forestal en Avión (Ourense). EFE

Efeverde.- A Policía Autonómica de Galicia investiga a dúas persoas como presuntas autoras de senllos incendios forestais nos municipios de Arteixo (A Coruña) e Avión (Ourense).

Os axentes da Coruña acusan a un home do lume que queimou 1.500 metros cadrados de superficie arborizada tras un lanzamento neglixente de artefactos pirotécnicos o pasado 10 de agosto no lugar de Suevos.

En Ourense o incendio afectou a cen metros cadrados o pasado 22 de agosto e empezou por mor da construción dun valo cunha serra radial no lugar de Casar do Nabo.

A Policía Autonómica explica, a través dun comunicado, que no que vai de ano hai 47 persoas investigadas como presuntas autoras de incendios forestais. Efeverde




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies