EFEverde en Galego

Mato destaca o potencial da biodiversidade e riqueza dos parques naturais

  • A Xunta de Galicia vén de crear a Rede de Parques Naturais de Galicia.

Mato destaca o potencial da biodiversidade e riqueza dos parques naturais Fotografía de arquivo do parque natural Baixa Limia-Serra do Xuré. EFE/Rosa Veiga

EFEverde.- A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, destacou onte o potencial da biodiversidade e riqueza dos parques naturais de Galicia.

A responsable de Medio Ambiente visitou onte as instalacións de Interpretación do Parque Natural do Invernadeiro, con motivo da conmemoración do Día Europeo dos Parques.

Mato recordou que nesta edición a celebración leva o lema “O sabor da natureza”, co que se pretende sinalar as vantaxes que conleva apostar pola agricultura sostible e facela compatible coa conservación dos espazos protexidos.

Para potenciar esta liña de actuación, a Xunta de Galicia vén de crear a Rede de Parques Naturais de Galicia.

Unha iniciativa que busca mellorar estes espazos a través da coordinación e as sinerxías e potenciar os valores dos mesmos a nivel natural, ambiental, paisaxístico e de biodiversidade; xa que “teñen un enorme potencial económico, turístico e social polo que hai que aproveitar os seus recurso e potencialidades, dentro do compromiso coa sostibilidade”, matizou. EFEverde




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com