EFEverde en Galego

O porto coruñés celebra a súa xestión ambiental criticada pola súa “maquillaxe”

  • La normativa exige una media diaria máxima de cincuenta microgramos por metro cúbico y se permiten hasta 35 superaciones.

O porto coruñés celebra a súa xestión ambiental criticada pola súa Fotografia de arquivo do porto da Coruña. EFE/Cabalar

EFEverde.-  Autoridade Portuaria da Coruña destacou que, no que vai de 2015, non superou o límite de emisión de partículas e que, en 2014, só o superou dúas veces, aínda que desde o BNG e un grupo de veciños asegúrase que estes datos corresponden a unha maquillaxe estatística.

“Ante a insistencia do BNG en afirmar que a Autoridade Portuaria oculta os datos sobre emisións de partículas, a Autoridade Portuaria reitera que nunca se oculta esta información”, engade.

Sostén que “por veces, por cuestións meramente técnicas, referidas basicamente ao mantemento dos equipos ou a fallos no sistema de comunicación en rede, algúns datos non aparecen reflectidos na páxina web do porto, pero nunca de forma intencionada“.

Neste sentido, lembra que a Autoridade Portuaria da Coruña é a única de España que ofrece esta información aos cidadáns en tempo real, precisamente para garantir a transparencia na súa actividade.

Críticas 

Pola súa banda, o BNG e a asociación de veciños da zona dos Castros sumáronse ás críticas da asociación ecoloxista Arco Iris ao afirmar que se superan os citados cincuenta microgramos por metro cúbico en moitas ocasións.

Exemplifican o caso co gráfico do pasado luns día 26, cando a media tarde as cifras eran de 119 microgramos, pero a media do día está por debaixo de cincuenta porque de madrugada non hai emisións.

“En relación cos picos de emisións en que tamén insiste o BNG, a Autoridade Portuaria subliña que a Organización Mundial da Saúde fixou os límites baseándose en medias diarias, e non en picos puntuais, xa que son as medias diarias as que poden vincularse á protección de saúde”, replican desde o porto.

Tamén subliñan que a estación captadora de emisións situadas no porto recolle non só as partículas que poidan producir as descargas de mercadoría, senón tamén as que xera o tránsito de vehículos e de maquinaria, polo que os datos poderían verse falseados polo que acontece no contorno.

A Autoridade Portuaria detalla que traballa coas empresas operadoras para iniciar os traslados de graneis, entre eles o coque, ao porto exterior, onde se manterán os requirimentos ambientais. EFEverde




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies